O bigode de Mimí une a Manuel María e Xaquín Marín

O bigode de Mimí une a Manuel María e Xaquín Marín

13 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Xaquín Marín ilustra o conto de Manuel María "O bigode de Mimí" . Preséntase esta tarde na Coruña unha edición do conto de Manuel María en Portas Ártabras (Rúa da Sinagoga, 22 – Cidade Vella) ás 20 horas. A Fundación Manuel María de Estudos Galegos ten entre os seus obxectivos o de difundir a prolífica obra do autor de Outeiro de Rei en todos os campos e xéneros en que esta se desenv

Logo da publicación recente da Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo ou da reedición do poemario Sonetos á Casa de Hortas, vén de ver agora a luz O bigote de Mimí, un texto narrativo en forma de conto infantil publicado orixinalmente en 2003 e que na actualidade se atopaba esgotado. Trátase dunha nova e moi coidada edición con ilustracións do coñecido debuxante Xaquín Marín.

Esta nova edición ilustrada preséntase hoxe venres día 13 ás 20 horas no local de Portas Ártabras, na Cidade Vella da Coruña (Rúa da Sinagoga, 22), nun acto no que participarán, alén de Xaquín Marín, Felipe Senén e Alberte Ansede, secretario da Fundación.

Manuel María (1929-2004) cultivou ao longo dunha moi extensa e variada obra a práctica totalidade dos xéneros, os estilos e os rexistros temáticos. Un dos obxectos da súa atención creadora foi a infancia, á que se achegou en multitude de ocasións por medio de centos de actividades, visitas a centros escolares e iniciativas no ámbito educativo coas que colaborou activamente. Pensando nas nenas e nos nenos e desde a perspectiva destes compuxo obras tan significadas como Os soños na gaiola, considerado o primeiro poemario infantil en galego, teatro, narrativa xuvenil ou contos para as máis pequenas e pequenos como este O bigote de Mimí.

Sociedade