O bipartito reunirase por última vez a próxima semana

O bipartito reunirase por última vez a próxima semana

02 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Executivo celebrará Consello da Xunta a próxima semana. O presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño, confirmou esta mañá en San Caetano que o Goberno galego reunirase por última vez para evitar un baleiro de poder, antes de que Alberto Núñez Feijóo, sexa investido como

Touriño tomou esta decisión para evitar que a Xunta se manteña dúas semanas sen reunión do Executivo, e descarta unha próxima reunión a semana da investidura do líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo. Así, explicou que a súa intención é celebrar outro Consello da Xunta e, aínda que está a expensas do calendario que fixe mañá a Mesa do Parlamento, avogou porque a semana do luns 13 sexa a da investidura de Feijóo como presidente. Desta forma, e malia que a próxima coincide con dous días festivos por Semana Santa, Touriño optou por unha reunión do Goberno autonómico neses días e así evitar convocar un Consello o día anterior á votación do novo xefe do Executivo.

Así, defendeu celebrar unha reunión a semana do 6 de abril para "non paralizar a tramitación ordinaria" da Xunta durante dúas semanas e, asimesmo, recordou que o Goberno de Manuel Fraga celebrou un Consello o 29 de xullo, a véspera da votación de investidura.

 

Sociedade