O BNG aborda cos veciños de Sillobre e Magalofes a traída de auga

O BNG aborda cos veciños de Sillobre e Magalofes a traída de auga

17 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os concelleiros nacionalistas, Manuel Polo e Juventino Trigo xunto co parlamentario Fernando Branco, reuniranse mañá martes na sede do BNG de Fene coas AAVV de Santo Marco, Sillobre e Magalofes e a Mancomunidade de montes de Marraxón  para tratar a situación da traída da auga e o saneamento a toda a zona alta do concello. Os nacionalistas propoñen unha actuación coordenada en todos os frentes para rematar estas obras. Para o BNG vai sendo hora de c

Dende o Concello  proporán o reinicio dos traballos da mesa de participación veciñal que funcionou no mandato anterior e na se chegara ao acordo de incluir unha partida de 45.000€ cada ano e que o PP incumpreu no seu primeiro orzamento. Ademais pedirán explicacións sobre a situación administrativa dos terreos que xa levan varios anos cedidos por parte dun particular para a instalación dos depósitos de auga.

Dende o Parlamento de Galiza, o BNG demandará a sinatura dun convenio antes do remate do ano, para iniciar ás obras no primeiro trimestre de 2012. Neste sentido Branco Parga explicará cal ten sido a actuación da Xunta de Feijoo noutros concellos en materia de auga e saneamento.

Sociedade