O BNG chama aos concellos de Ferrolterra a participar na redacción final do Plan de Ordenación do Litoral

O BNG chama aos concellos de Ferrolterra a participar na redacción final do Plan de Ordenación do Litoral

20 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Bloque Nacionalista Galego vén de reiterar a denuncia do prazo de exposición pública do Plan de Ordenación do Litoral (POL) en pleno período do verán para impedir “claramente” o exercicio de reclamacións ao mesmo por parte dos concellos e particulares. O proxecto, aprobouse incialmente o pasado 29 de xullo e estableceuse un período de dous meses para o seu estudo e propostas. O prazo remata o 29 deste mes e a formación nacionalista

O BNG acusa á Xunta de “oscurantismo” ao tentar ocultar o contido do plan. Un POL que terá consecuencias negativas naqueles concellos que adoecen de planeamento ou aínda non entrou en vigor. Este é o caso da maioría dos concellos da comarca de Ferrolterra. O voceiro da formación nacionalista en Ares, Manuel Rodríguez Doval, incidiu esta mañá, que o plan recolle zonas de  afectación que se introducen máis de 2 mil metros. Outra das consecuencias do mesmo é a invasión das competencias municipais, xa que prevalecería o Plan de Ordenación do Territorio quedando fóra das normativas dos concellos.

Rodríguez Doval fixo un chamamento aos gobernos dos concellos para facer fincapé nesta cuestión. “A súa capacidade de actuación quedaría limitada”, segundo o nacionalista. Avogou pola elaboración dun informe polos técnicos municipais para analizar o impacto deste plan. “Senón o abordamos agora estourará o problema máis adiante e non haberá posibilidade de rectificar, recalcou.

Institucional