O BNG critica a paralización do PXOM de Fene

O BNG critica a paralización do PXOM de Fene

28 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“A reforma do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Fene (A Coruña) está paralizada pola incapacidade do Partido Popular”, denuncia o Bloque Nacionalista Galego. O Bloque salienta que o PP non sabe que facer co polígono industrial de Vilar do Colo e lle ten alerxia ao contacto cos cidadáns. A revisión e nova redacción do Plan de Urbanismo de Fene adxudicouse no 2009. Contaba cun prazo para a súa realización de t

Sobre Navantia.

A escasas horas de coñecer quen construirá os dous floteis de PEMEX, o BNG explica a sua proposta para o sector naval da ría de Ferrol. O levantamento do veto a Navantia Fene que espira no 2015 para poder construir mercantes e todo tipo de artefactos off shore é prioritario, segundo Manuel Polo quen insistiu en que hai que rexenerar os planteis para estar preparados e afortalar o sector de reparacións, o único rendible neste momento, coa construcción do dique flotante. Afirma Polo que, aínda que o flotel se fixera aquí, o número de horas que proporcionaría é insuficiente porque supón un 20% da capacidade total de Navantia Fene-Ferrol. Por iso aposta pola diversificación e apunta ás eólicas mariñas como unha das opcións.

Insiste Polo en que Navantia debe crear unidades territoriais con capacidade de xestión única e que a Xunta de Galicia debera ter representación no Consello de Administración da empresa pública.

O rival de Navantia na puxa polos floteis gañou 25 concursos de Pemex dende o 2011. O estaleiro público e Barreras esperan hoxe a adxudicación de sendos buques. Pemex asegura que non haberá máis retrasos e que finalmente ás doce desta noite dará a coñecer o resultado da licitación dos dous floteis, por cuia construción compiten Barreras e Navantia, xunto con outras oito ofertas. Navantia presentou unha oferta por importe de 240 millóns de euros. A empresa mexicana Evya compite con 186 millóns.
 

Sociedade