O BNG de Boiro a favor das melloras na seguridade vial

O BNG de Boiro a favor das melloras na seguridade vial

03 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Consello Local do BNG de Boiro respalda as actuacións realizadas polo goberno municipal para a mellora da seguridade e da accesibilidade dos viais. A formación nacionalista considera que estas medidas consistentes na elevación dos pasos de peóns nas proximidades das poboacións, contribuirán á mellora da seguridade tanto de viandantes como de condutores. Resolverase así a perigosidade provocada pola excesiva velocidade pola que se circula nalgú

Cos novos pasos elevados, a velocidade de circulación dos vehículos reducirase, os pasos de peóns serán máis visíbeis e seguros e, ao mesmo tempo, facilitarase a accesibilidade das persoas maiores e dos diminuídos no habitual desenvolvemento das súas vidas. Os pasos de peóns serven de medida disuasoria e preventiva, tanto para condutores imprudentes como para posíbeis distraccións ao volante. 

Trátase dunha medida probada en países europeus, así como en moitos concellos próximos como Vilagarcía, Cambados, Pontevedra, a Illa de Arousa, a Estrada, o Carballiño, etc., nos que se demostrou que esta actuacion é efectiva, ademais de non ser recadatoria. Despois dun accidente non vale de nada as multas, xa fose por imprudencia ou por exceso de velocidade, senón que é mellor previr e evitar así atropelos, aseguran dende o BNG de Boiro.  

Os nacionalistas sinalan que esta obra será ben acollida co tempo tanto no Cabo da Cruz como no resto los lugares nos que se colocaron, e que contan co beneplácito da cidadanía.

Institucional