O BNG de Fene demanda o mantenemento do 065

O BNG de Fene demanda o mantenemento do 065

25 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG presentará no vindeiro pleno municipal do xoves 3 de abril unha iniciativa reclamando a continuidade do servicio de transporte adaptado para as persoas con movilidade reducida. Un servicio que está en perigo, segundo o grupo nacionalista, a causa dos recortes da Xunta de Galicia.

No espacio As Foxas, Polo referiuse a dous grandes temas municipais que o goberno local tivo e ten pendentes durante todo o mandato, os Orzamentos municipais e o PXOM. Sobre este último, o portavoz do bloque afirmou que "o PP non ten ideas e por iso deixa correr o tempo sen actuar".

Manuel Polo referiuse esta mañá ás vivendas de Fene que se encontran en estado ruinoso e que despois dos temporais deste inverno son un perigo para os viandantes.

Entre outros asuntos, o portavoz do Bloque, afirmou que siguen pendentes do roubo de nove carballos de gran porte nun terreo municipal, na beira da polideportiva de Magalofes, un misterio sen resolver a pesar da denuncia que o goberno local presentou na Garda Civil. Manuel Polo referíuse con retranca a este incidente que seguirán con atención.

Sociedade