O BNG de Fene pide o pronunciamento do pleno sobre a folga xeral

O BNG de Fene pide o pronunciamento do pleno sobre a folga xeral

20 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo municipal do BNG solicitou a convocatoria dun pleno extraordinario para debater a Reforma Laboral e para solicitar o apoio da corporación fenesa á folga xeral do dia 29. A razón é que o próximo pleno ordinario cae no 12 de abril a causa da Semana Santa, daí a urxencia.

Pensando no pleno ordinario de abril, Manuel Polo anunciou duas iniciativas do Bloque: unha sobre a dirección prohibina na rua Casanova de Fene e outra sobre o producto bancario denominado “participacións preferentes” que ten neste momento de crise a uns 400.000 galegos-as sen poder recuperar os seus aforros.

Ao centro social referíuse esta mañán no espacio As Foxas o portavoz municipal do BNG, Manuel Polo, afirmando que a situación na que foi caendo o centro social de Fene nos últimos ános débese á actitude do PP con todo o que ten que ver coas políticas sociais e que Polo calificou de “rácana”.

A adxudicación do POS da Deputación do 2007 non chega sen tempo, segundo palabras do portavoz nacionalista, quen asegurou que as obras desa plan están aprobadas dende novembro do 2006 e se van facer con seis anos de retraso.

 

Sociedade