O BNG de Fene propón a Juventino Trigo como candidato á alcaldía

O BNG de Fene propón a Juventino Trigo como candidato á alcaldía

04 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os cinco concelleiros acadados polo BNG nas pasadas eleccións do 22 de maio proporán a investidura do seu propio candidato á alcaldía, Juventino Trigo, e buscarán o apoio das demais forzas para esta fin. Unha vez analizados os resultados electorais do pasado 22 de maio, nos que o BNG mantivo a súa representación e aumentou a porcentaxe de voto e o Partido Socialista perdeu 8 puntos e 2 concelleiros, o empate a 5 " coloca ao BNG na posición m&

Así o decidiu a asemblea local do Bloque reunida este venres 3 de xuño. Unha asemblea na que destacou a participación –acudiron arredor de 80 persoas- e a práctica unanimidade en canto á decisión de non apoiar ao candidato do PSOE á alcaldía, "dado que este foi o partido claramente perdedor das pasadas eleccións, baixando a súa representación en 2 concelleiros, perdendo máis de 800 votos e recibindo o castigo da veciñanza despois dun goberno inactivo, distante e alonxado da cidadanía" indica o BNG nun comunicado.

Canto ao Partido Popular, que acadou 6 concelleiros/as, o Bloque manifesta que "conta cun programa de goberno oculto durante a campaña que pretende o peche de tres colexios públicos (Os Casais, Limodre e Sillobre) e do centro de saúde de Maniños, así como a implantación de políticas de dereitas e totalmente contrarias ás políticas sociais e para as persoas que definen ao BNG".

O BNG, pola súa parte, manifesta que "conta cun equipo moi capacitado para gobernar e cun programa de goberno claro e definido, elaborado coa colaboración de todo o tecido asociativo de Fene. Un proxecto de futuro e ilusionante que, por decisión de militantes e simpatizantes do BNG, será presentado ás demais forzas políticas como proposta de goberno para o Concello nos vindeiros catro anos".

Unha proposta que, de saír adiante, -indica o Bloque- "traducirase nun goberno baseado no diálogo e no consenso con todas as forzas, tal e como ten marcado a cidadanía cos resultados electorais do pasado 22 de maio". O Bloque Nacionalista Galego manterá contactos coa totalidade das forzas políticas, trasladándolle o decálogo que pretende que guie a acción da alcaldía e da Corporación de Fene nos vindeiros 4 anos, á luz dos resultados electorais.

Sociedade