O BNG de Ferrol demanda unha praza na Avenida Nicasio pérez

O BNG de Ferrol demanda unha praza na Avenida Nicasio pérez

02 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG de Ferrol instou esta mañá ao goberno local a mellorar o proxecto de construción dunha praza pública na avda. Nicasio Pérez. Tamén queren buscar unha solución ao impacto que provoca o muro pantalla previsto, e que ten suscitado as queixas dos veciños e veciñas da zona.

O proxecto consiste en transformar unha zona de aparcamento degradada nunha praza de uso cidadán ubicada na confluencia entre Nicasio Pérez e a estrada de Castela.

O Bloque considera que o proxecto actual, debido a elevada altura do muro pantalla, non cumpre a función prevista de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas da zona que se senten tapiados. Ademais, os nacionalistas cren que pode causar problemas de circulación, xa que dificulta a visibilidade  na incorporación do tráfico da rúa Venezuela a avda. Nicasio Pérez.

Esta demanda foi trasladada ao edil de urbanismo en diferentes ocasións por parte do BNG sen que até o de agora se tiveran tomado ningún tipo de medidas ao respecto.

Así mesmo o BNG advirte que estes traballos permaneceron durante todo o mes de agosto paralizados e que incluso parte da praza que xa tiña o enlousado colocado esta sendo levantado novamente.

Institucional