O BNG decide o seu futuro

O BNG decide o seu futuro

28 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A Asemblea Nacional do Bloque Nacionalista Galego, reunida no recinto feiral de Amio en Santiago de Compostela decidirá este domingo o seu rumbo político nos vindeiros anos. Non só escollerán o cartaz para as vindeiras eleccións autonómicas -Aymerich ou Jorquera-, tamén definirán o seu portavoz nacional -Xosé Manuel Beiras ou Guillerme Vázquez- e a composición do seu Consello Nacional (con candidaturas de APU, Mais Galiza co Encont

As espadas están en alto e tanto a APU (liderada pola UPG) como Máis Galiza e o Encontro Irmandiño confian nas súas posibilidades de lograr o respaldo maioritario da militancia nacionalista. A Asemblea Nacional do BNG comezou esta mañá e  aprobou o informe de xestión do Consello Nacional por 1.119 (o 66,8% do total) votos a favor, 493 en contra (o 29,4% do total) e 62 abstencións (o 3,7%).

Sociedade