O BNG defende ao alcalde de Arzúa

O BNG defende ao alcalde de Arzúa

22 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O BNG considera "moralmente inaceptable" a impugnación realizada polo PPdeG ante a Xunta Electoral Central contra o candidato nacionalista que encabeza a candidatura do municipio de Arzúa, Xaquín García Couso, e anuncia que chegará ata o Constitucional na defensa do seu cabeza de lista nesta localidade. "O PP pretende esconder as súas propias miserias, as das súas propias corruptelas, denunciando un problema exclus

Tamén cre Prado que "é un escándalo e unha mostra de enorme cinismo tratar de equiparar os casos de corrupción, nos que o PP se é especialista, co que é unha simple demora na execución dunha sentenza polo derrubamento do piso a un edificio".

Montse Prado destaca que a sentenza de inhabilitación ditada contra o alcalde de Arzúa e candidato nacionalista non é firme "nin sequera houbo unha orde de execución por parte do xulgado que a emitiu".

Denuncia, ademais, que a orixe da sentenza son as "irregularidades" cometidas na construción dun edificio en Arzúa, que ten que ver co período de goberno do Partido Popular, previo á chegada do BNG á alcaldía.

"Foi un alcalde do PP o que permitiu a construción dun piso ilegal e foi ese mesmo alcalde o que en primeira instancia negouse a derrubalo", alega Montse Prado, co que, agrega, "o cinismo do PP non ten límites".

O BNG xa presentou alegacións contra o recurso presentado polo PPdeG ante a Xunta Electoral e anuncia que "recorrerá a todas as vías precisas, ata o Constitucional, para defender a validez da súa candidatura".

O PPdeG recorre a " todo en Arzúa porque ve "que por medios democráticos" non é capaz de derrotar ao BNG, "pretende gañar nos despachos o que non é capaz de facer nas urnas", agrega.

Recorda a dirixente nacionalista que os populares presentan en Arzúa a un candidato que no seu día intentou chantaxear ao alcalde nacionalista cun feito "absolutamente repudiable" que ata agora non foi condenado pola dirección galega do seu partido.

Institucional