O BNG demanda “democratizar as relacións familiares” a prol da corresponsabilidade

O BNG demanda “democratizar as relacións familiares” a prol da corresponsabilidade

04 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Fronte á Lei de Apoio á Familia, a Lei da Corresponsabilidade. O BNG ofrece unha proposta lexislativa diferente para que o Goberno galego desenvolva as súas políticas de igualdade, e que pon o foco na conciliación da vida persoal co laboral en troques de fomentar a maternidade e perpetuar, segundo a crítica dos nacionalistas, o “rol tradicional da muller”. A proposición de Lei de Fomento da Corresponsabilidade apóiase en dous datos recentes

Perante esta situación, o BNG formula a necesidade de articular unha lei que formule “medidas reais que impidan que ser nai sexa unha carga”. Para isto, segundo a deputada Ana Pontón, precísase aplicar un concepto “moderno”, a corresponsabilidade, e “democratizar as relacións familiares” para que non penalicen sempre ás mulleres. 
Canda a corresponsabilidade familiar, a proposta do Bloque formula outra social que debe executar o Goberno fornecendo á cidadanía de máis servizos, nomeadamente escolas infantís, centros de día e atención domiciliaria. 
Ana Pontón asegura que a acción da Xunta está “a dinamitar as bases das políticas de igualdade”, rebaixando os fondos para as mesmas nun 80 por cento en dous anos de lexislatura. É por iso que acusa á Administración Feijóo de “facer unha apropiación indebida” da data do 8 de marzo cando o seu programa é “claramente machista”. 
Institucional