O BNG denunciará en Bruxelas o estado actual da ría de Ferrol

O BNG denunciará en Bruxelas o estado actual da ría de Ferrol

17 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os deputados do BNG, Bieito Lobeira e Ana Miranda, actuarán como interlocutores en Bruxelas das queixas dos mariscadores sobre o actual estado da ría de Ferrol. A patrona maior da Confraría de Barallobre, Virginia Souto, anunciou este mediodía que interporán unha denuncia no Parlamento Europeo sobor a situación crítica da ría. Acompañada dos deputados nacionalistas, do biólogo Xoan Ferrei

Virginia Souto fixo lectura da denuncia que o BNG levará a Bruxelas. Destacou que a de Ferrol é a ría máis rica de Europa pero tamén a máis contaminada. Responsabilizou á Xunta e ao goberno central, e máis concretamente á Consellaría do Mar, da grave situación dos bancos marisqueiros galegos. Tamén acusou aos concellos por non  defender os intereses dos cidadáns.

“A ría de Ferrol sempre foi historicamente a ría galega máis produtiva e agora a máis contaminada”, sinalou Bieito Lobeira. O deputado nacionalista subliñou a inexistencia en Galicia dalgunha zona A. Lobeira acusou á Xunta de ampararse na actual crise económica para “enmascarar” a eliminación da produtividade da ría. Ademais reclamou o mantemento do Plan de Dinamización da Ría de Ferrol que o goberno autonómico quere desbotar aferrándose á “necesidade de austeridade”.

“A Consellaría do Mar aumentou o seu orzamento pero ningunha partida se destina ás rías galegas”, explicou. As tres prioridades da Xunta, aclarou, diríxense a subsidiar o desmantelamento dos barcos pesqueiros, á creación de peiraos de barcos deportivos é á acuicultura para favorecer ás grandes empresas. “Nestes casos non hai austeridade, só a paga a xente dabaixo”, dixo. Ademais Lobeira denunciou a actitude sumisa da Xunta cos grandes poderes económicos e a inflexibilidade cruenta que amosan cos traballadores do mar.

Institucional