O BNG emprende diversas medidas como reacción ao peche de Leche Pascual

O BNG emprende diversas medidas como reacción ao peche de Leche Pascual

07 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os concelleiros do BNG de Outeiro de Rei, Arcadio Lombao e Dulce María Neira Fraga, presentaron unha solicitude de Pleno Extraordinario para tratar sobre o peche da fábrica de Pascual. O principal motivo esgrimido polos representantes nacionalistas é o de forzar ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, á Xunta de Galiza e ao Concello de Outeiro de Rei a que adopten todas as medidas ao seu alcance para frear o peche da planta de Pascual na vila e logra

Esta iniciativa se circunscribe dentro das accións levadas a cabo polo partido nacionalista en toda a Terra Chá. Ademais do pleno extraordinario de Outeiro de Rei presentáronse diversas mocións nos Concellos de A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Pol, Vilalba e Xermade, para analizar a situación creada polo anuncio do ERE na fábrica de Pascual e a demanda de medidas para evitar este peche por parte das distintas Administracións

 

Para o BNG o ERE é un “atentado inxustificado aos dereitos dos 155 traballadores directos e aos intereses dos produtores e provedores”, o que deixa unha situación “moi preocupante”, sobre todo cando foi unha empresa que recibiu “todo tipo de axudas e apoio institucional para desenvolver a súa actividade”. O partido nacionalista tamén afirmou que o grupo lácteo se “aproveitou” da calidade e prestixio do leite producido en Galicia “para potenciar a súa marca”, e lamentaron que adoptasen unha decisión “que leva a pechar o seu único centro de recollida e transformación en Galicia, mentres aumentan e potencian a súa fábrica en Cataluña”.

As mocións someterán a consideración o traslado á dirección do Grupo Pascual por parte das Corporacións Municipais dos citados concellos da súa total oposición ao peche da fábrica. Outra cuestión sería dirixirse á Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e ao Presidente da Xunta de Galicia para demandarlles unha actuación urxente e coordinada que evite o peche da citada fábrica e que manteña os postos de traballo e a actividade comercial que ven desenvolvendo na zona durante os últimos 17 anos. Tamén se tratará a posibilidade de apoiar todas as medidas políticas e sociais encamiñadas a lograr este fin así como as mobilizacións que convoquen os traballadores ou os produtores afectados polo peche desta fábrica.

 

Sociedade