O BNG insiste na alta velocidade entre Ferrol e A Coruña

O BNG insiste na alta velocidade entre Ferrol e A Coruña

12 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O tren entre Ferrol e Narón e a liña ao porto exterior deberían estar en marcha. O deputado do BNG Francisco Jorquera critica a falta de execución dos seis millóns de euros destinados a este proxecto nos orzamentos deste ano 2010.

O tramo do AVE entre Ferrol e Betanzos continua en estudo informativo e polo tanto, sen pasar á información pública. O goberno nunca asumiu como prioridade este traxecto, segundo denunciou Francisco Jorquera. 

O BNG demanda a rápida realización do “by pass” en Betanzos e a mellora do material ferroviario. Só con esas duas medidas lograríase reducir o tempo da viaxe entre Ferrol e A Coruña a menos dunha hora, segundo Francisco Jorquera.

Sociedade