O BNG levará ao Parlamento o peche de 19 centros educativos públicos

O BNG levará ao Parlamento o peche de 19 centros educativos públicos

24 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG pedirá explicacións ó Parlamento galego sobre o peche de 19 centros educativos en Galicia. Varios deses centros sitúanse na comarca de Ferrolterra. Dende o BNG pregúntanse cales son as alternativas que a Xunta está a ofrecer ós pais dos alumnos afectados. 9 centros de primaria e 10 de educación infantil pecharán para o vindeiro curso escolar que comezará en setembro. Ferrolterra tamén se verá afectada por estes peches

Tamén o concello de Fene se verá afecta polo peche de escolas unitarias. En concreto son o Souto Vello de Barallobre e o Fonte do campo. No caso da unitaria de Barallobre os alumnos destinaranse para o colexio do Ramo. En total no caso desta escola, só se registraron 2 alumnos, cando o mínimo establecido pola Xunta son 6 rapaces. Outro centro que se pechará en Fene é o da Fonte do Campo, próximo á casa da cultura de Fene e que a día de hoxe contaba con tres alumnos. Estes tres rapaces serán levados ó centro da Xunqueira. E outra escola máis que se podería ver afectada é a escola de Limodre. A pesar de que onte o DOG publicaba o seu peche xunto con outras 19 escolas máis en Galicia, hoxe a Xunta indica que este centro está pendente de revisión e que o seu peche aínda non é definitivo.

Sociedade