O BNG participa na tractorada de Bruxelas

O BNG participa na tractorada de Bruxelas

31 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O BNG participa en Bruxelas na tractorada contra o fín das cotas leiteiras sen garantías de prezos xustos para os gandeiros e gandeiras. A Comisión Europea recoñece en resposta ao Bloque que os prezos do leite en Galiza “están tradicionalmente entre os máis baixos de España”. O BNG participou na tractorada organizada esta mañá polos pequenos produtores lácteos europeos diante da Eurocámara para denunciar a falta de m

Para facer fronte a “volatilidade” de prezos que provocará unha produción de leite totalmente desregularizada, o BNG ben reclamando un fondo de compensación para as explotacións gandeiras que investiron na compra de cota que agora queda sen valor algún.

A propia Comisión Europea recoñece en resposta a unha pregunta do Bloque que “os prezos do leite en Galiza están tradicionalmente entres os máis baixos de España”, unha situación que a formación nacionalista atribúe, entre outros factores, a falta dun sector industrial transformador de base cooperativista como teñen outros territorios con mellores prezos para os seus produtores e produtoras.

Neste sentido, a formación nacionalista reclama a través de iniciativas no Parlamento Europeo, que tanto a Comisión Europea, -como executivo da UE- como o Goberno español, poñan en marcha mecanismos que impidan a sobreprodución e protexan ao sector dos “abusos da industria e das cadeas de distribución que tiran os prezos baixo a ameaza de non recoller o leite”, denuncia a portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda.

A secretaria de Política Internacional do Bloque advirte tamén da “inseguridade” que vive o sector “testada” nas numerosas visitas a explotacións gandeiras por todo o País, e reclama unha estratexia específica para Galiza “como nación leiteira”.

Sociedade