ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A deputada do BNG por Pontevedra, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentaria na que pide explicacións ao Ministerio de Fomento polos vertidos producidos polas obras do tren de alta velocidade aos ríos Alvedosa e Verdugo, nos concellos de Redondela e Soutomaior. Davila denuncia que os “vertidos de lama son continuados” segundo un informe elaborado polas autoridades municipais de Redondela.
De feito, dende goberno local o concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, xa alertara aos responsables das obras de que se estaban a producir estes vertidos cuxos efectos poden ser moi nocivos para os bancos marisqueiros “por arrastraren terras e áridos que chegan ata a Enseada de San Simón e que poden conlevar problemas para as zonas de cultivo de marisco”.
A deputada nacionalista pregúntalle a Fomento se ten coñecemento do problema medioambiental que as obras do AVE están a provocar en ámbolos dous concellos e se prevé tomar algún tipo de medidas para que os vertidos non se repitan.