O BNG presentará unha interpelación contra o posible peche dos servizos ferroviarios non rendíbeis.

O BNG presentará unha interpelación contra o posible peche dos servizos ferroviarios non rendíbeis.

05 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

As previsións que ten o Goberno respecto aos servizos ferroviarios rexionais e a súa disposición a impulsar a posta en marcha dunha rede ferroviaria de “cercanías” nas principais áreas metropolitanas de Galiza, é o que pretende coñecer o BNG, mediante a interpelación que presentará no próximo Pleno do Senado, Xosé Manuel Pérez Bouza, senador pola comunidade autónoma de Galiza. Esta interpelación faise por mor das manifestacións feitas o 15 de xuño polo ministro de fomento, Xosé Blanco, nas que afirmaba que deberían pecharse os servizos ferroviarios que non son rendíbeis economicamente.

O partido nacionalista cre que se debe analizar e corrixir as causas que fan que estes servizos ferroviarios sexan deficitarios economicamente, para podelos facer rendíbeis, non só no aspecto económico, senón tamén no aspecto social e medioambiental. Para isto consideran fundamental a adaptación dos horarios, das frecuencias e da propia calidade dos trens, ás necesidades dos cidadáns.

Sociedade