O BNG propón que a Xunta adquira a maioría de NCG banco

O BNG propón que a Xunta adquira a maioría de NCG banco

06 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A primeira proposta que rexistrará o BNG no Congreso dos Deputados na vindeira lexislatura será unha proposición de lei para que o accionista principal de NovaCaixaGalicia banco sexa a Xunta de Galiza, acadando o 51% das accións do FROB para convertelo nun banco de maioría pública galega. O BNG propón que se merquen accións ao longo de 10 anos detraendo os fondos da redución do gasto corrente da Administración galegaIsto conseguir&i

Esta cantidade comprometería, segundo indicou Jorquera, tan só o 1,2 % do orzamento galego, xa que suporía 135 millóns ao ano, ao tempo que lembrou que “a Xunta acaba de adxudicar unha estrada por 700 millóns de euros, xa que logo, polo prezo de dúas autovías, Galiza podería preservar a galeguidade e o carácter público dun instrumento básico para o financiamento da nosa economía”.

O candidato nacionalista indicou que para sumar estas cifras, simplesmente habería que “reducir o gasto burocrático e improdutivo con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, detraendo dos fondos 135 millóns de euros ao ano da redución do gasto corrente da Administración autonómica”.

"Co que valen dúas autovías, preservaríase o principal instrumento de financiamento galego"O BNG tamén quere que o réxime retributivo dos directivos se homologue ao establecido no sector público, tal e como enfatizou Francisco Jorquera, “hai que evitar situacións escandalosas, indecentes que están provocando unha auténtica alarma social”.

A proposta inclúe tamén a incentivación da subscripción popular de impositores e clientes de NCG e, finalmente, durante este plan a dez anos, e até que a Xunta non acade o 51% dos activos, o BNG quer que “a representación do FROB no Consello de Administración sexa equivalente ao seu peso accionarial”.

O candidato nacionalista insistiu en que estamos ante unha cuestión “de vontade política, “se hai vontade política, é posíbel”, enfatizou, “é unha proposta rigurosa, froito dun estudo serio”.

Por iso, Jorquera emprazou a PP e PSOE a que “deixen de botarse as culpas e que fagan algo construtivo suscribindo a proposta do BNG”.

O BNG NON SE RESIGNA

A proposta do BNG pasa por homologar o réxime retributivo dos directivos ao establecido no sector públicoTamén insistiron Francisco Jorquera e Guillerme Vázquez en que o BNG “non se resigna á perda da galeguidade e á privatización da principal ferramenta que ten este país para o financiamento da nosa economía produtiva, nin se resigna a que se consume a maior expropiación e expatriación do aforro dos galegos e galegas”.

O cabeza de lista do BNG pola provincia da Coruña explicou que, para levar adiante estas propostas sería necesario “reformar certos aspectos do decreto de reestruturación do sector bancario”. Neste sentido, indicou que, “se se puido reformar a Constitución nun total de nove días, a reformulacióin dun decreto pode facerse con extraordinaria facilidade”.

“TEÑEN QUE RODAR CABEZAS”

Pola súa banda, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, afirmou de xeito rotundo que “teñen que rodar cabezas”, ao tempo que subliñou ao señor Núñez Feijóo como “principal responsábel político do expolio da caixa e as indemnizacións millonarias” e instou a Miguel Fernández Ordóñez, gobernador do Banco de España a que “se vaia dunha vez”.

O líder nacionalista advertiu de que “se non se depuran as responsabilidades políticas non avanzaremos, non aprenderemos e non poderemos camiñar nunha dirección adecuada no futuro”, polo que instou a PP e PSOE a que apoien a comisión de investigación solicitada polo BNG.

O número un do nacionalismo galego dixo que “hai que adoptar medidas para que non poida volver haber directivos con salarios ou pensións estratosféricas” e apuntou que habería que comezar “por un proceso de transparencia para saber cales son as contías dos contratos dos xestores que van liquidar o que queda das caixas”.

Sociedade