O BNG rexeita os PXE 2010 que o Goberno aprobará grazas a PNV e CC

O BNG rexeita os PXE 2010 que o Goberno aprobará grazas a PNV e CC

16 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Goberno central aprobará o Presupostos Xerais do Estado para 2010 grazas ao apoio do PNV e Coalición Canaria, que pactaron co PSOE o “si” ás contas. O Executivo de Rodríguez Zapatero obterá así un voto máis dos precisos para sacar adiante a lei orzamentaria e rexeitará as enmendas presentadas entre as que figura a do BNG, a quen, por vez primeira nos últimos anos non lle satisfan os cálculos da Moncloa para Galicia. Conqueri

O BNG rexistrou unha enmenda á totalidade do proxecto orzamentario despois de que a conversa mantida esta mesma semana por José Antonio Alonso e Francisco Jorquera non propiciase nin unha pequena aproximación entre Goberno e nacionalistas galegos, cuxo apoio fora decisivo nos Orzamentos de 2009. O propio Jorquera xustificou o “non” do BNG pola “fiscalidade regresiva, especialmente no que atinxe ao incremento do IVE que penaliza ás rendas máis baixas; porque non se cubren as necesidades de Galicia no financiamento dos principais proxectos; e, finalmente, pola pouca dotación en políticas sociais e a falla de vontade no cambio do modelo produtivo”. O representante nacionalista xa adiantara en Radiofusiòn o sentido do voto, criticando con dureza a reforma fiscal.

Institucional