O Bodyboard antesala do Pantín Classic

O Bodyboard antesala do Pantín Classic

31 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O surfusion 09 comeza mañá en Ferrol.  A cita é valedeira para o Campionato do Mundo de Bodyboard e as probas realizaranse ata este domingo 6 de setembro na praia de Doniños. O evento, organizado polo club Grosso, comezará cunha proba do Campionato Nacional de Promesas Surf&Bodyboard.

O edil de deportes ferrolán, Manuel Santiago, resaltaba as cualidades do litoral ferrolán para acoller probas deste tipo. O concelleiro referíase á versatilidade dos areais da urbe naval que permiten un cambio de escenario inmediato no caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan as máis idóneas para acoller a proba.  

O presidente de Grosso, Carlos Betoño, lembrou que o Surfusiom nacía hai seis anos como proxecto de campionato europeo. O paso dos anos traía parello unha evolución da proba ata que o ano pasado daba o salto e se convertía nunha proba valedeira para o campionato do mundo que este ano se consolida co apoio do Concello e da marca Deeply, de Sport Zone. Arredor de 200 deportistas tomarán parte nas probas. Entre 70 e 90 o farán como participantes do Circuito Nacional Promesa para menores de 18 anos, mentres que o resto o fará no Campionato do Mundo. A competición está asegurada, xa que son as principais figuras do bodyboard mundial as que estarán en Doniños e loitarán por facerse co triunfo. 

Sociedade