O Bunkai participa nos Campionatos de España de clubs de karate en Málaga

O Bunkai participa nos Campionatos de España de clubs de karate en Málaga

09 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Unha representación do club Bunkai Sport participará no Campionato de España de Clubs 2009 na modalidade de karate cadete junior e senior na localidade de Málaga. Un total de 12 deportistas participan na expedición, despois de vencer no Campionato Galego.

O club Bunkai Sport volveu a reunir equipo de competición, despois de que
hai xa dez anos os seus competidores se visen obrigados a participar
por outras autonomías. Aínda non estando totalmente a punto
prepararon o Campionato Galego de Clubs 2009, chegando a formar
dous equipos e recuperando a deportistas que no seu día tiveron que
emigrar do Karate Galego como son Noe Teijeiro e Daniel Sixto. Como resultado o Club Bunkai gaña o Campionato de Clubs 2009 e a modalidade de Kumite.

O primeiro enfrontamento foi coa Escola de Narón, un
enfrontamento reñido que finalmente alzounos coa vitoria.
Vitoria que se fixo máis abultada ao encargarse o equipo contrario de encherse
de penalizaciones.

O segundo enfrontamento foi co Squash de Santiago, se salda con dúas
vitorias, dous empates e unha derrota.

O terceiro e pase á final contra o Victory Gym, encontro
disputado que termina con renda suficiente para pasar á final.

A final disputouse co Rembukan de Ferrol, Hugo gañou o
primeiro combate cun ipon en anticipación, no segundo cando
Gabriel ía empatado 4 ? 4 intentou ir para diante, pero a velocidade
do seu opoñente impedíallo encaixando dous novos puntos. O seu
contrincante manifestouse disconforme co arbitraxe,  perdeu os nervios e
foi amonestado varias veces, dando suficiente diferenza a Gabi
para gañar. No terceiro combate, Noé de poder a poder
volve gañar. Ao ter xa gañados os tres primeiros encontros, non
hai cuarto e quinto.

O día 22 de Maio, a expedición formada por Noé Teijeiro, Daniel
Sixto, Miguel Varela, Carlos Graña, Pablo Monteagudo formando o
equipo senior e Gabriel Lagóstena, Mario Teijeiro, Héctor Martín, Hugo
Martín, Xurxo Triana, Brais Freire e Adrián Cordeiro formando o equipo
cadete junior partirán para Málaga a disputar o Campionato de España
de Clubs 2009, acompañados dos adestradores do club Federico
Barinaga e Carmelo Teijeiro.

 

O Club Bunkai Sport agradece a colaboración prestada para a participación no campionato de España por parte do Padroado Municipal de Deportes do Concello de Ferrol e de Caixanova.

Deportes