O Círculo de Fene presenta o Pérez Parallé

O Círculo de Fene presenta o Pérez Parallé

14 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Circulo de Fene presenta esta tarde  o libro de Maria Rosendo que logrou o Premio de Poesía Pérez Parallé. O xurado do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, reunido en Fene no pasado mes de novembro, decidiu por unanimidade outorgar o premio deste ano ao libro Nómade, presentado baixo o pseudónimo “Verdecente”. Aberta a plica, o libro resultou ser da autoría de María

María Rosendo (Vigo, 1984) escribe poesía desde os 17 anos. Realizou estudos de filoloxía inglesa que, máis tarde, compaxinará cos de educación social. En 2007 viaxa a cidade de Bos Aires para vivir no hemisferio austral durante un ano. Será precisamente nesta andaina onde comeza a nacer a poética deste poemario, Nómade. Participou en recitais poéticos coas Redes Escarlata ou na II Rebelión da décima musa pero non ten ningún texto publicado. Nómade é, tal como se indica nas bases do premio, o primeiro libro da autora que verá luz. Na actualidade vive en Compostela onde traballa en produción teatral coa compañía Berrobambán. Despois da presentación do libro, actuará o grupo de cantareiras “Alende das Pontes”. Os actos comezarán ás nove desta noite no Círculo de Fene.

Cultura