O cañoneiro Paz, un buque que deu moita guerra

O cañoneiro Paz, un buque que deu moita guerra

11 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cañoneiro Paz deu moita guerra. A súa botadura realizouse nos estaleiros de Ferrol o 10 de agosto de 1881, convertindose no primeiro barco con casco de ferro da construción naval española. Viviu só 8 anos antes de afundirse nas inmediacións de Cádiz. Antes interveu no salvamento dos náufragos do vapor Gijón acontecido fronte ás illas Sisargas en Malpica en 1884.

O cañoneiro Paz colaborou nas tarefas de salvamento dos naúfragos do vapor Gijón que chocou cun buque inglés o 21 de xullo de 1884 nas proximidades das illas Sisargas, cando se dirixia para A Habana. A colisión produciuse no medio dunha espesa néboa, unhas 30 millas ao Leste da Coruña. Morreron naquel accidente marítimo, 144 tripulantes e pasaxeiros e salváronse 102 persoas.

O cañoneiro Paz desaparecerá afundido o 9 de xuño de 1889, cando navegaba entre Tarifa e Conil, á altura do Bajo Aceitera. O tenente de navío Manuel de Saralegui e Medina mandaba a súa tripulación de 45 homes. Chocou contra o pecio dun buque afundido na zona habia uns anos, e a tripulación non puido facer nada para salvalo. A raiz do accidente, Manuel de Saralegui non volverá a navegar adicandose á docencia de Física e á investigación lingüística. Colaborou no Diccionario da Real Academia da Lengua Española, introducindo máis de trinta mil palabras. Morre en Madrid en 1926.

Sociedade