ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Romaría do Camiñante recupera a tradición das merendas no campo da sociedade. Esa é a intención da Liga de Amigos de Barallobre diante dunha nova edición da festa que celebrarán o sabado 6 de xullo. Semella que se retrasa un pouco a baixada co grupo Airiños da Capela para facer a ofrenda no monumento ás sete da tarde. Alí se fará a ofrenda floral e se cantará o himno galego tras unhas palabras dos representantes do concello e da Liga.
O acto acabará coa interpretación do himno galego. Ás oito da tarde anunciase unha gran sardiñada no parque da sociedade con queimada final. Como colofón actuará o dúo “Os dous de sempre” contra as nove e media da noite.
O monumento ao camiñante descoñecido foi unha iniciativa do xornalista Alfonso Piñón, dun marcado carácter cultural e ecoloxista. O Camiñante debe coidar o medio ambiente, a contorna pola que pasa, segundo o promotor do monumento. Querese ademais loubar a persoas relevantes no mundo da cultura galega. Doce bancos permiten descansar ao viandante e cada ún deles lembra unha figura das letras galegas. Xunto co médico Pablo Ares Feal, posuen banco adicado no Monumento ao Camiñante Descoñecido de Barallobre (Fene A Coruña) os seguintes persoeiros: Castelao, Curros, Rosalía, Insua Santos, Irmáns Vilar Ponte, Otero Pedrayo, Bieito Cupeiro, Rof Codina, Pondal, P.Parallé e Xosé Neira Vilas. Don Ramón Otero Pedrayo inaugurou o monumento o un de xullo de 1934. Na década dos 80 trasladouse das inmediacións da estación do ferrocarril para a súa ubicación actual. Xosé María Pérez Parallé adicoulle un poema que comeza con estes versos:
Camiñante, en Barallobre,
pobo rexo, agarimento,
pescador, labrego e nobre,
Camiñante,
Barallobre,
ergueu, pra tí, un Monumento.
Publica o teu comentario agora