O camiño de Ameneiro

supón a atención a unha demanda histórica dos veciños e veciñas de San Marcos.
25 de Setembro, 2019 - 01:29 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello procederá ao aglomerado do camiño de Ameneiro, na parroquia de Sillobre, cun investimento de 44.060 euros.

O Concello de Fene dará resposta á demanda histórica de acondicionamento do camiño de Ameneiro. O orzamento alcanza os 44.060 euros neste vial que discurre pola parroquia de Sillobre, con cargo ás axudas de Agader. O Concello procederá ao aglomerado do camiño de Ameneiro, na parroquia de Sillobre, cun investimento de 44.060 euros. Investimento que a Administración local financiará ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños que promove a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Unha intervención que, como lembrou o rexidor, supón a atención a unha demanda histórica dos veciños e veciñas de San Marcos, pero ata o momento incumprida polas limitacións que traía consigo a presenza dunha árbore centenaria na zona, sita en propiedade privada.

En 2018, o Concello realizaba unha pequena intervención e, ao final da pasada lexislatura, incluíuse a actuación agora en contratación nesta liña de axudas. Para iso, establecía neste punto o aglomerado nun ancho de vial inferior á previsión do Plan Xeral de Urbanismo, pero con marxe suficiente para garantizar a circulación polo mesmo e dar solución ao seu grave estado de deterioro.

A intervención saía a licitación nas últimas semanas, e actuarase ao longo de 450 metros, e ancho variable. O vial dá acceso, dende a estrada CP- 1503, aos núcleos de A Curveira e Vrea e as obras dividiranse en dúas fases: dende o P.K. 0+000 ao P.K. 0+258,614 e dende este último ao P.K. 0+450. O proxecto contempla o asfaltado da vía e máis os traballos de sinalización viaria.

Institucional

Publica o teu comentario agora