O Camiño pola Lingua chega a Compostela

O Camiño pola Lingua chega a Compostela

30 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Ao seu destino, a Santiago de Compostela, chega mañá domingo o Camiño pola Lingua, a iniciativa lúdico-reivindicativa de defensa do idioma propio posta en marcha por Queremos Galego e outras entidades sociais e culturais da cidade de Ourense, entre elas a veterana Asociación Xuvenil Amencer. Os participantes iniciaron o pasado día 10 na cidade das Burgas unha ruta xacobea pola Vía da Prata, que continuou con etapas sucesivas de

Esta última etapa terá o seu comezo na gasolineira da Ponte Ulla ás 8.30 da mañá: desde alí partirán camiñando persoas chegadas das comarcas de Ourense, O Carballiño, O Ribeiro, Deza e A Estrada, así como calquera persoa ou colectivo que se quixer sumar á andarela. Logo de 18 quilómetros de camiño chegarase a Santiago de Compostela. Antes de entrar definitivamente no casco urbano da cidade até a catedral, farase unha última parada no Cruceiro de Sar, no barrio compostelán do mesmo nome. Nese punto está previsto que se incorporen persoas chegadas doutras zonas do país.

O acto final do Camiño pola Lingua terá lugar ás 14 horas na Praza das Pratarías, no que pretende ser unha mostra de “recoñecemento ao compromiso na defensa da lingua e cultura galegas de aqueles persoas que participaron no proxecto”. Participarán a actriz e humorista Isabel Risco, activa colaboradora de Queremos Galego, quen dará lectura ao anaco final do manifesto en defensa da lingua que se foi compoñendo en cada unha das etapas do Camiño; e Carlos Callón, presidente da Mesa e portavoz nacional da plataforma cidadá.

Cultura