O Campus de Elviña quere ser refuxio para os paxaros

O Campus de Elviña quere ser refuxio para os paxaros

30 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña acollerá hoxe mércores, 30 de xaneiro, un Obradoiro de Caixas Niño organizado pola Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA. A actividade consiste na construción de refuxios que lles poidan servir de acubillo e lugar de cría a moitas especies, en especial paxaros e morcegos, nestes duros días de

A xornada comeza ás 11.00 horas cunha pequena charla informativa a cargo de Ramsés Pérez, de ADEGA, e a continuación terá lugar o obradoiro no taller de maquetas da Escola de Arquitectura. Unha vez feitas as caixas procederase a penduralas nas árbores do Campus de Elviña e posteriormente realizarase un seguimento das mesmas.

Esta actividade vén motivada porque a tala dos bosques autóctonos e a substitución por monocultivos, así como a retirada das árbores vellas dos montes, provocan a desaparición de multitude de buracos necesarios para que moitas especies de animais nidifiquen ou se refuxien. A construción de caixas niño e outros abrigos para a fauna (paxaros, mamíferos, anfibios...) contribúe a paliar este impacto favorecendo á biodiversidade.

Por outra banda, a construción de refuxios contribúe a reutilización, xa que para elaborar unha caixa niño ou calquera outro refuxio non se precisan grandes investimentos, nin ferramentas sofisticadas, nin mercar madeiras que contribúan á tala de máis árbores.

Sociedade