O cantautor cubano Williams Pérez nas xornadas solidarias de Ferrol

O cantautor cubano Williams Pérez nas xornadas solidarias de Ferrol

18 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Marcha Mundial pola Paz terá un tributo no II certame Solidario de Ferrol. As xornadas solidarias terán lugar nos Cantóns de Molíns os días 29 e 30 de agosto, co gallo da celebración do Día Internacional da Solidariedade. Un evento que incluirá música, obradoiros e un mercado de comercio xusto. Tamén  haberá unha feira de entidades solidarias e xogos para os máis pequenos da casa. No transcurso das celebracións

As xornadas solidarias comezarán o sábado 30 de agosto coa apertura dos stands dun amplo abano de entidades sociais de Ferrol e Galicia para divulgar as súas accións. Este II Certame solidario renderá tributo á Marcha Mundial pola Paz. Unha acción promovida pola Organización Internacional “ Mundo sin Guerra” que bota a andar o vindeiro 2 de outubro en Nova Zelanda rematamdo na cordilleira Andina o 2 de xaneiro de 2010.

O prato forte desta edición será a presenza na cidade do cantautor cubano Karoll Williams Pérez, autor da canción contra a guerra de Irak “Di que no”. Un manifesto contra o conflicto bélico na que puxo a voz principal. Amáis  elaborou o videoclip que o fixo mundialmente coñecido e que se convertiría en bandeira das manifestacións que se celebraron en multitude de países  dos cinco continentes. Williams estará en Ferrol o sábado 29 pola mañá. Tamén pola tarde, acompañado de Adrián Infante levarán a cabo un mural pola paz e a solidariedade.

A fin de semana solidaria completáse con obradoiros de batukada a cargo de Trópico de Grelos. Os nenos e nenas que asistan aos Campamentos Urbanos CUFO  poderán participar en talleres e xogos dedicados á solidariedade. Pola súa banda, Solidariedade Internacional celebrará obradoiros polo traballo digno e a Xoaniña correrá a cargo do mercado de Comercio Xusto. Pasarrúas, obradoiros circenses e moitas máis sorpresas completarán un cartel que convertirá a Ferrol na capital do humanismo e a solidariedade.

O recadado entregaráse ao Fondo Galego de Cooperación para a campaña de axuda ao pobo palestino para cubrir ás necesidades que decida Nacións Unidas.

Sociedade