O Carballiño estrea a declaración de Festa Turística de Interese Nacional con éxito, na 50º edición da Festa do Pulpo

O Carballiño estrea a declaración de Festa Turística de Interese Nacional con éxito, na 50º edición da Festa do Pulpo

08 de Agosto, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Depois de 50 anos dunha das máis importantes e características festas gastronómicas de galicia, a Festa do Pulpo de O Carballiño acadou a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional. Ontes celebrárono coa tapa de pulpo máis grande do mundo, de 3 metros e 20 centímetros, preparada polos pulpeiros e pulpeiras de Arcos. En total foron 280 quilos de polbo, aderezados con 2 quilos de sal, dous de pemento e 30 litros de aceite.

Pero non remata ahí a festa. Durante toda esta semana seguirán as celebracións, que terminarán o domingo 12 co día grande. Hoxe mércores celebraránse as Xornadas de Folclore Internacional, na Praza Maior.

 

Mañá serán as Xornadas Técnicas Gastronómicas sobe o Pulpo, na Praza do Emigrante, ademáis do taller infantil de cociña. A partir das 11 da noite, a actuación do mago Martín Camiña, na Praza Maior.O venres será o momento dos xogos populares na Praza Maior a partir das 7 da tarde, o espectáculo con DJ's, O Pulpo, dende as 11:30, mentres que o sábado serán as tiradas de foguetes e o concurso de camisetas. Xa o domingo, haberá un desfile de grupos folclóricos, seguido da recepción ás autoridades. A partir das 14:30 se poderá degustar o xantar popular, a base principalmente te pulpo, e cerrará a festa unha orquesta coa verbena na Praza Maior. Todo isto, iso sí, ademáis do pulo, regado cos mellores caldos da zona.

Sociedade