O carburante do equipo

O carburante do equipo
14 de Outubro, 2019 - 10:55 h. | Publicada por Radio Fene

Perlío 2- 1 Meirás. O Perlío continua firme para a clasificación nesta primeira fase da liga da Segunda Galicia de fútbol. Encabeza a táboa con 13 puntos, sete de vantaxe sobre o sétimo clasificado.

ESCOITA O PODCAST:
Alex Pico e Rafa Afonso, porteiros do Perlío

O porteiro do Perlío Rafa converteuse no auténtico carburante do equipo. Parou dous penaltis. Xa na primeira parte o Meirás tirou fora outra pena máxima. Os últimos minutos do partido xogado no campo dos Pinares foron caóticos, segundo o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro.
O Perlío sufriu nos últimos minutos, despois dunha primeira parte na que houbo poucas ocasións. O árbitro pitou dous penaltis. Transformou en gol Dani Varela. No minuto 67 chegou o segundo gol do Perlío nun bo remate de cabeza de Raúl. Parecía que o partido acabara, pero o Meirás marcou o seu gol e o equipo local non soubo xestionar os últimos cinco minutos, afirma o técnico dos Pinares.

Deportes

Publica o teu comentario agora