O carreiro da auga entre Parga e Guitiriz

O carreiro da auga entre Parga e Guitiriz

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Club Montaña Ferrol, organiza para este fin de semana un percorrido polo chamado Carreiro do auga, na contorna de Parga e Guitiriz. Ao longo de case 20 kms balizados con saída desde a capela de San Alberte, percorrerase toda a beira do río Parga, cara a este lugar famoso pola súa feira.

Desde alí cara ao balneario de Guitiriz e o Area recreativa de Sete Muiños, xa no propio Guitiriz, para acabar a marcha na zona do antigo balneario de Pardiñas.
O percorrido é na práctica chán, e está recentemente balizado con paneles explicativos. Esta é a primeira actividade do Club Montaña Ferrol neste ano ano, pois se teñen encadenado varias suspensións debido ao potente inverno que se está pasando, algo insólito nos 35 anos de historia do Club de Montaña Ferrol.
A partir do luns abrirase a inscripción para outra das actividades, que corren risco, ao ser unha ascensión ao Penarrubia en Ancares. Realizaráse ou non, dependendo das condicións de seguridade da zona, ao haber gran acumulación de neve
 

Deportes