O casco histórico de Melide converterase nun gran campo de xogo

O casco histórico de Melide converterase nun gran campo de xogo

17 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Por cuarto ano consecutivo, o casco histórico da vila de Melide será o escenario da IV Festa dos Xogos tradicionais. O vindeiro venres, 20 de agosto, de 12 do mediodía a dúas e media da tarde todas as prazas da vila  de Melide converteranse en espazos de xogo, recuperando a súa tradicional función como lugares onde desde sempre se xogou. Na Praza do Convento poderase correr coas carrilanas, na Praza das Coles tirarase á chave, na Praza do Pozo Peque

O evento, incluído nas Festas de San Roque da vila e organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, conta co apoio do Concello de Melide e da Sociedade de Pesca Deportiva Ponte Mazaira.  Na programación da Festa inclúese o IV Campionato de Tirapedras da Galiza Central, unha proba que se celebrará este xoves, 19 de agosto, a partir das 12 da mañá, na Praza do Convento. Cada tirador/a deberá realizar dous lanzamentos sobre cada unha das tres dianas móbiles que servirán de branco. A distinta puntuación que outorga o acerto sobre cada branco, atendendo á súa dificultade, será a que determine a clasificación final.

Como novidade da presente edición, inclúense exhibicións de lanzamento de peóns  minúsculos ( como buxainas ou trompos), construídos con croias de aceitunas, bugallos ou pinas. Outras das novidades será a celebración do  I Campionato de lanzamento de bólas  (canicas),  para contribuír á recuperación do xogo con bólas, entre os cales destacou sempre na Terra de Melide a modalidade coñecida como gua.

Páxina web: www.agxpt.org

Deportes