O caso de Gustavo Gallego

O caso de Gustavo Gallego
21 de Xaneiro, 2020 - 09:10 h. | Publicada por Radio Fene

O policia Xosé Sánchez Pereiro comeza a investigar un dobre crime acaecido na praia do Matadoiro na Coruña a noite de San Xoan do ano 2000. Afirma o axente que se trata dun dos casos máis rechamantes que resolveu nos corenta anos de profesión.

Grupo de teatro A Tenencia de Caamouco (Ares)

Comeza así o argumento da trama do podcast O caso de Gustavo Gallego dirixido por Eugenia Sanmartín sobre un texto elaborado por Antonio Tizón, a partir da súa novela A antesala luminosa. O grupo de teatro da Tenencia de Caamouco encargouse de poñer as voces nun proceso que xa entra na súa fase final de montaxe, edición e realización.

Sociedade

Publica o teu comentario agora