O caso de Gustavo Gallego. Capítulo I

O caso de Gustavo Gallego. Capítulo I
01 de Xuño, 2020 - 10:20 h. | Publicada por Radio Fene

O inspector Xosé Sánchez Pereiro investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nos arredores da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Ese é o comezo do argumento da radionovela ou podcast que Radio Fene Radiofusión principiou a emitir o vindeiro luns. Son 12 capítulos que se emitirán todos os dias ás dez da mañá e as sete e media da tarde.

ESCOITA O PODCAST:
Antonio Tizón na praia do Matadeiro. A Coruña

Contan con guión adaptado por Antonio Tizón a partir da súa novela “A antesala luminosa”. Actores e actrices do grupo de teatro A Tenencia de Caamouco puxeron as voces, baixo a dirección de Eugenia Sanmartín e coa dirección de son de Xabier Fernández. 
Sánchez Pereiro inicia a investigación contactando cos principais membros da cuadrilla dos que el cre xa posíbeis cadáveres. E contacta primeiro con Cristina Fandiño, que lle entrega unha media novela autobiográfica, escrita por Gustavo, que o policía comeza a ler polo capítulo 2, porque o libro tan só ten capítulos pares.

Cultura

Publica o teu comentario agora