O Castro de Viladonga celebrará a “Noite dos Museos” con música e xogos tradicionais

O Castro de Viladonga celebrará a “Noite dos Museos” con música e xogos tradicionais

07 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Museo do Castro de Viladonga celebrará, o vindeiro sábado 15 de maio, a “Noite dos Museos”. Este evento, coorganizado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2010, levará a cabo toda unha serie de actividades para promover a importancia destas infraestruturas culturais na sociedade. O programa de actividades comprenderá unha exposición fotográfica, unha xornada de xogos populares, así como varias actuacións musicais.

A xornada comezará contra as 18 horas coa apertura da Exposición fotografía sobre a Noite dos Museos de Viladonga (2005-2009), na que se proxectarán documentais de contido arqueolóxico. Media hora mais tarde, a Asociación “O Cadaval” de Pacios ensinará os distintos xogos tradicionais da Terra Chá, todo amenizado coa música tradicional de “Os Valuros”.

As 19.30 horas o zanfoneiro compostelán Óscar Fernández porá todo de seu para que os asistentes ao concerto coñezan o instrumento e desfruten ao seu son. A música continuará contra as 20 horas coa actuación da banda “Cantar das Eiras”. Tras o refrixerio para repor forzas, sobre as 22.30 horas organizouse unha visita nocturna polo Castro de Viladonga.

Unha iniciativa do Consello de Europa

A Noite dos Museos está auspiciada polo Consello de Europa e se desenrola en paralelo cos actos que conmemora o ICOM (Consello Internacional de Museos). Este evento congregou o ano pasado a mais de 2.000 museos de toda Europa para unirse en torno a esta noite. Unha das principais iniciativas será a apertura das súas portas en horario nocturno, o que permite acceder aos museos en horarios non habituais.

Así, Museos de toda España, Francia, Alemaña, Italia, Rusia, Portugal, Austria, Polonia.... van a contribuír a iluminar o panorama cultural do vello continente o noite do 16 de maio. Cóntase cunha ampla oferta de cultura e ocio, xa que de forma paralela ás aperturas desenrolaranse actividades que terán como eixo central achegar aos museos a través das súas coleccións a un maior número de visitantes.

Cultura