O Centro social de Fene languidece sen cafeteria e comedor

O Centro social de Fene languidece sen cafeteria e comedor

07 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro Sociocomunitario de Fene morre de pena. O que era centro da terceira idade non conta con cafetería nen comedor dende hai case un ano. Os dous servizos pecháron por non reunir as condicións esixidas por Industria. Os usuarios do centro afirman que “aquilo está morto e de seguir así vai haber que pechalo”.

Manuel Caldevilla, en nome de todolos usuarios, presentouse diante da corporación municipal para decir que “non se merecen isto”. Pregan que se solucione este asunto e que coa boa vontade de todos o centro social de Fene poida seguir funcionando. Todos os grupos políticos de Fene acordaron pedir unha reunión co Delegado da Xunta, Diego Calvo, na que estará presente unha representación dos usuarios. 

Unha inspección da Xunta de Galicia determinou no seu dia que a cociña do Centro non reunía condicións de espazo e sanitarias para a preparación de comidas. O adxudicatario daquela xa advertiu da necesidade de manter o comedor para garantir a rendabilidade do servizo de cafetería. O goberno autónomo sacou a concurso a cafetería do centro, pero mantén a prohibición de servir comidas. Non se presentou ninguén pola escasa rendabilidade. Mentras os usuarios do centro carecen de comedor e tamén de cafetería.

Indican que non poden nen tomar un vaso de auga, polo que cada vez acuden menos maiores ao Centro da rúa da Torre en Perlío. Continuan demandando unha solución, agora coa esperanza posta na reunión que van demandar a Diego Calvo. 

Sociedade