O cerco insiste noutro reparto da cota

O cerco insiste noutro reparto da cota

18 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Galicia co 80% da flota do cerco somentes leva o 20% da cota, afirman as fontes das confrarias, para denunciar o reparto da cota publicado hoxe no BOE, baseado nas capturas históricas.

Os representantes dos armadores da frota do cerco críticos co modelo de repartición de cota de xarda e xurelo ocuparon toda a xornada de onte e, especialmente, boa parte da tarde en pechar nunha reunión en Sada (A Coruña) a proposta e argumentos que hoxe levarán á reunión de todo o sector convocada na Consellería de Medio Rural e do Mar en busca dun acordo que poña fin ao conflito. Á mesma hora que se inicie a reunión en Santiago, o sector apoiará aos seus negociadores con pitadas de buques cerqueiros nos portos de pesqueiros Vigo e A Coruña.

Sen querer divulgar a proposta que defenderán ante a administración e o resto do sector -o que acepta o actual modelo de repartición, como as frotas de Ribeira e Lugo-, o que si avanzaron é que, tal como se pronunciou a asemblea do sector o pasado sábado en Portosín, é "irrenunciable" un modelo de repartición lineal en función do número de tripulantes de forma que non pesen tanto no cómputo as capturas históricas que benefician aos pescadores vascos ou cántabros pois nas súas augas capturouse a maior parte de xarda en anos en que, cando a especie chegaba fronte á costa galega, a cota xa se esgotou. Por iso, esta frota constituída por máis de 130 barcos e 1.380 traballadores, esixe que o criterio que se teña en conta é o da tripulación. O 20% restante do sector galego, unhas 30 embarcacións, acapara boa parte da cota de Galicia, xa que entre 2002 e 2011 desprazáronse ao País Vasco e teñen esas capturas acreditadas.

Sociedade