O cerco volve a Santiago

O cerco volve a Santiago

12 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Representantes da flota do cerco reúnense nesta mañá co presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo para trasladarlle a súa demanda dun novo reparto das cuotas da xarda e o xurelo. Efectivos antidisturbios empregáronse onte a fondo para disolver ás tripulacións de 130 pesqueiros que querían facer oir no Parlamento as súas reivindicacións.

Mariñeiros e armadores reclaman un novo reparto das capturas, lineal, tendo en conta preferentemente o número de tripulantes. Denuncian que a cuota asignada a España é insuficiente para manter a viabilidade económica da flota galega.

Sociedade