O cesped artificial en Neda quedará listo no mes de xullo

O cesped artificial en Neda quedará listo no mes de xullo

13 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Hai aproximadamente un mes comezou a obra de instalación do cesped artificial no campo anexo ao pavillón polideportivo de Neda. Segundo indica o concelleiro de Deportes Antonio Seijo, nun prazo de dous meses e medio remataráse a colocación, sempre que o tempo axude. En calquera caso no mes de xullo o campo estará listo para a súa utilización, manifestou o edil nedense.

A empresa de Asturias Jesús Martinez encárgase da colocación da herba cun orzamento de 425.000 €, dos que a Deputación provincial aporta o 85%. O edil de Neda desmentiu os rumores que circulan pola vila e que apuntan a unha posible afección do campo de fútbol pola via de enlace entre a AP 9 e a autovia Ferrol Vilalba. Non hai ningún documento no Concello que indique que a obra afecta ao campo de fútbol. O enlace está ainda pendente do Estudio de Impacto Ambiental, manifestou a Radiofusión o edil de Deportes Antonio Seijo.

Deportes