O CETAL absorve ao Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia

O CETAL absorve ao Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia

26 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Centro Tecnolóxico e Agroalimentario de Lugo (CETAL) absorveu ao Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia, logo de que esta actuación fose aprobada polo padroado da súa fundación nunha xuntanza extraordinaria o pasado venres. Na propia reunión tomouse a decisión de encargar a un gabinete xurídico especializado a guía da Fundación para levar a cabo este proceso de fusión. O CETIL pasará a integrarase nas futuras instalac

A Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, foi a encargada de presidir a reunión, e destacou que a toma desta decisión foi por unanimidade. “Iniciarase un proceso de absorción ou fusión do CETAL e do CETIL, que con posterioridade podería levar emparellada tamén a Aula de Produtos Lácteos, pertencente a Universidade de Santiago”, dixo a responsable do MARM.

A propia Espinosa dixo que “esta é a proba de que desde Galicia estamos apostando pola innovación, polo desenvolvemento e pola investigación, e de que queremos que o CETAL sexa non só un centro de referencia en Galicia, senón que poida dar servizo a outras partes de España, incluso que poida converterse nun centro internacional. Para elo, -insistiu-, haberá que sumar esforzos para conseguir ter a potencialidade investigadora galega xunta; e o de hoxe é un primeiro paso neste senso, asegurou”.

Por outra banda, o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, falou de que non ten ningún sentido que existan dous organismos con practicamente o mesmo cometido e que esta unión evitará unha división de esforzo e que dous organismos públicos que traballan polo sector agroalimentario se fagan competencia.  

O alcalde de Lugo concordou con Espinosa e Juárez. Tamén felicitou ao Padroado polo talante demostrado e por adoptar unha decisión que avoga, de xeito importante, pola defensa dun sector básico para unha comunidade autónoma como Galicia e para unha provincia como a de Lugo. Tamén insistiu en que non é necesario duplicar entes que teñen finalidades compartidas. Orozco afirmou que esta é unha moi boa noticia para Lugo e os lucenses e para Galicia, dende logo.

Non se porá freo ás actividades de ambos organismos

A ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño explicou que non se freará ningunha das actividades e proxectos iniciados en ambas as dúas entidades. “Seguirán traballando como ata o de agora, o CETIL, neste caso, máis vinculado ao sector lácteo”. O estudo xurídico, que encargará o Padroado, marcará a liña fiscal, administrativa e permitirá que máis adiante que conflúan por completo todas as actividades que o CETAL e o CETIL veñen desenvolvendo. “Non se poden perder os proxectos de investigación, teñen que seguir o seu ritmo, e non se poden ver afectados os traballadores tampouco por este proceso. Tocaranos aos responsables políticos articular a fórmula de cómo e cando para que isto sexa doado para todos”, subliñou.

“Ambas as dúas partes investigadoras enriqueceranse e farán máis forza xuntas e atraerán outros proxectos de fóra. Creo que temos un referente claro nas nosas universidades e temos un potencial humano importante e con esta fusión seremos máis atractivos aos proxectos europeos”. Para a Ministra esta fusión sen dúbida terá repercusións económicas positivas.

Na reunión estiveron presentes Elena Espinosa, Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e presidenta do Padroado do CETAL; Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural, e vicepresidente do Padroado; José López Orozco, alcalde de Lugo; Eduardo Vidal, director xeral do CETAL; Lorenzo Pastrana, vicerreitor do campus de Ourense da Universidade de Vigo; Carmen Andrade, Asesora da secretaría de Estado do Ministerio de Ciencia e Innovación; José Abellán, subdirector xeral de atención á cidadanía do MARM; Ana Ma. Villar, delegada provincial de MUFACE. Pola súa parte, Senén Barro, reitor da Universidade de Santiago delegou en Carlos Herrero, vicerreitor do campus de Lugo da USC; Javier Guerra, conselleiro de Economía, delegou en Samuel Juárez; Jesús Vázquez, conselleiro de Educación, delegou en José Díez de Castro; e Higinio Mougán, director de AGACA, Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias, e Manuel Núñez, director do Depto. de Tecnoloxía dos Alimentos do Instituto Nacional Investigación Agraria e Alimentaria, delegaron a súa representación na Presidenta do Padroado, a ministra Elena Espinosa.

Sociedade