O CETAL promove o compost en Ribadeo

O CETAL promove o compost en Ribadeo

29 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Centro Tecnolóxico e Agroalimentario de Lugo (CETAL) apoiará aos proxectos que supoñan a utilización sostible do compost, dos abonos orgánicos, segundo se desprendeu das manifestacións do director da institución, Eudardo Vidal Baamonde, na visita que o vilalbés fixo no Simposio de compostaje: “La salud de la tierra. Utilización en la Agricultura ecológica”, que tivo lugar no  CFEA ‘Pedro

“A Fundación CETAL abriralle as portas ás entidades, empresas e persoas que teñan ideas e planes relacionados co sector agroalimentario e que pretendan innovar nel, rendibilizar este mundo e contribuír a súa sostibilidade”, dixo Vidal Baamonde na vila mariñá.

 

Ademais, Vidal lembrou que os proxectos que ten en marcha o CETAL están relacionados, dalgunha maneira, con este simposio. “A Fundación pretende dar o pulo definitivo ao sector ecolóxico en Galicia; diferencialo nos mercados pola calidade dos seus produtos, e que o consumidor atope esa distinción dende o comezo do proceso de produción dos mesmos. Para elo é necesario ter en consideración tamén o cultivo destes produtos e os materiais utilizados como fertilizantes. Neste caso promovemos uns fertilizantes naturais: o compost. Cando o consumidor merque un produto ecolóxico, debe saber que merca natureza, que merca medio ambiente, que merca sostibilidade. Debemos axudar a distinguir o significado do ‘produto ecolóxico’ máis alá da súa connotación de táctica de márketing, como o entenden algúns”, explicou.

Vidal Baamonde lembrou tamén o proxecto desenvolto polo antigo goberno da Xunta de Galicia para promover o compostaxe caseiro en diversos núcleos urbanos. Neste senso, indicou que con este simposio se pretende alertar ao mundo da necesidade da reciclaxe, da reutilización, do aforro de recursos, da busca de alternativas.

“A compostaxe forma xa parte das temáticas escolares, é un punto de mira máis no mundo da comunicación. Por iso sería ilóxico e contraproducente non levar o termo, tamén, ás industrias agroalimentarias, onde se produce un gran volume de residuos. Residuos que poden reutilizarse, converténdose en recursos, en materiais de traballo para as pemes. Reutilización  na que atoparemos a ferramenta para innovar dentro do sector agroalimentario”, incidiu Eduardo Vidal.

O mandatario lucense insistiu en que a xestión de residuos é motivo suficiente para que “desde entidades como o CETAL colaboremos coas administracións e coas empresas para buscar sistemas que nos permitan reducir ditas cifras, que permitan sumar esforzos e non duplicar investimentos para buscarlle utilidade aos residuos”. Hai que ter en conta que en Galicia, unha comunidade maioritariamente rural, un 60% dos residuos producidos son orgánicos.

Sociedade