O CGAI pon a disposición do público a historia audiovisual de Galicia

O CGAI pon a disposición do público a historia audiovisual de Galicia

29 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

6.000 revistas, 7.500 DVDs e 10.000 libros. Todos estes fondos están a disposición de aqueles que queiran facer uso da nova mediateca que acaba de inaugurar o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Entre os materiais audiovisuais destacan arredor de 3.000 filmes relacionados coa comunidade, así como decenas de horas do NO-DO galego, que permiten, non só facer un percorrido pola historia da sétima arte, senón tirar tamén conc

A inauguración desta instalación considérase o pistoletazo saída á conmemoración do vixésimo aniversario do CGAI. O director do centro, Guillermo Escrigas, adiantou a Radiofusión que, entre as actividades da celebración, vaise incluír a recuperación e edición das primeiras imaxes rodadas en Galicia que se conversan e que corresponden á Ría de Ferrol. En canto aos desexos de aniversario, Escrigas confórmase con “sobrevivir nestes tempos difíciles”, mentres que se marca como gran reto de futuro “conseguir que o centro non só teña presenza na Coruña, onde está a súa sede, senón en toda Galicia”.

Cultura