O "Chamádeme Simbad" de Francisco Castro traducido ao castelán e catalán

O "Chamádeme Simbad" de Francisco Castro traducido ao castelán e catalán

16 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A novela de Francisco Castro, "Chamádeme Simbad", sae estes días traducida ao castelán e ao catalán en Tàndem Edicións, con novas ilustracións a cargo do tamén galego Xan López Domínguez.

Na súa orixinal edición en galego, esta obra dirixida a un público infantil, e da que xa gozaron máis de 7.500 nenos e nenas de Galicia, recibiu recentemente o Premio Frei Martín Sarmiento, que conceden precisamente escolares de Galicia. O ano pasado fora considerado o mellor libro pola web Fervenzas Literarias nunha votación entre os seus lectores e lectoras.

Con estas traducións, a literatura galega volve poñer un texto seu fóra das súas fronteiras. 

Cultura