O chip do perenne sabor galego

O chip do perenne sabor galego

18 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Toque o que toque, o sabor galego vai ter presenza. Iso vai no chip de cada un, porque eu non teño recordos de música que non teña matiz galego. Diego Maceiras entrou en contacto co mundo musical con 4 anos de idade, a través da banda Airiños de Fene, fundada por Ramiro Couce Amado.

BellónMaceiras realizan fusións peculiares de ritmos, instrumentos e melodias, sen perder a esencia galega. Mestizan paixón cunha mente aberta.

Ademáis da escola BellónMaceiras, o gaiteiro Daniel Bellón tamén comezou esta semana a impartir clases deste instrumento nun Conservatorio de Madrid. El percibe na capital do estado moito seguemento das cousas de aquí. A maioria do alumnado non é galego, e ademais achéganse á gaita sen perxuicios, segundo Daniel Bellón.

A escola de musica BellónMaceiras botou a andar esta semana. Atende ás persoas interesadas na rúa Antonia Montero, 11 de Perlío Fene.

Cultura