O ciclo a Banda nos Barrios abriráse no verán do 2010 a outros concellos da comarca

O ciclo a Banda nos Barrios abriráse no verán do 2010 a outros concellos da comarca

04 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O ciclo de música “A banda nos Barrios” chega ao seu fin. Pecháse mañá sábado, na praza de Sevilla de Recimil. Neste espazo central do barrio, a Banda Ferrolá de Música iniciará á unha do mediodía un concerto que incluirá pezas tan coñecidas como El fantasma de la ópera, de Lloyd Webber, e Obertura op 24, de Mendelssohn.

A Banda Ferrolá de Música porá a guinda final ao ciclo “ A Banda nos Barrios” con cico pezas musicais. “ Agüero” de J. Franco, “Obertura op 24 “ de Mendelssohn, “La Zarzuela” de Seguí, “El Fantasma de la Ópera” de Lloyd Webber, “Rossy Roy” de Jacob de Haan, e “Carracosa” de J. Teixidor.

A positiva asistencia de público aos concertos que a Banda ofreceu nos distintos barrios de Ferrol -Ultramar, Esteiro, Caranza, Canido ou A Magdalena garante a continuidade deste ciclo o próximo verán, tal e como avanzou xa a concelleira.

Na vindeira edición se introducirán novidades. Así no verán do 2010 o Concello de Ferrol colaborará con outros municipios da comarca para xestionar a programación de recitais das súas respectivas bandas na cidade naval. A Banda Ferrolá se desprazará tamén aos concellos da comarca para dar a coñecer a súa música.

Mañá remata o ciclo do 2009. A cita é na Praza de Sevilla de Recimil a 1:00 do mediodía.

Cultura