O ciclo de actividades escolares sobre Luís Seoane arrinca en Culleredo

O ciclo de actividades escolares sobre Luís Seoane arrinca en Culleredo

02 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os alumnos do CEIP Isaac Díaz Pardo de O Burgo (Culleredo) participaron hoxe nunha actividade sobre a figura de Luis Seoane, promovida pola Deputación da Coruña con motivo do centenario do nacemento do artista. Os escolares recibiron a visita dun educador especializado que relatou aos alumnos os aspectos máis destacados da vida e obra do artista coruñés nunha sesión participativa, amena e divertida que contou con proxeccións de imaxes, xogos de creaci&

Con estas sesións presenciais, que se están a desenvolver en 25 centros educativos da provincia, a Deputación complementa a edición de 3.000 guías didácticas sobre Gonzalo Torrente Ballester e Luís Seoane destinadas aos colexios e institutos da provincia, co obxectivo de que os alumnos “coñezan e valoren a figura destes dous galegos universais e a gran importancia do seu legado cultural”, segundo afirmou o presidente da institución provincial Salvador Fernández Moreda. 

O caderno didáctico sobre Luís Seoane está orientado ao alumnado de primaria e secundaria, mentres que o de Torrente Ballester foi concebido para os estudantes de secundaria e bacharelato. Ambos pretenden achegar ao alumnado o contexto histórico en que viviron e detallar os aspectos máis destacables da vida e obra destes dous creadores, pondo de relevo as súas importantes contribucións á arte e a narrativa do noso país.

Sociedade