O cine en formato pequeno toma a praza coruñesa de Azcárraga

O cine en formato pequeno toma a praza coruñesa de Azcárraga

02 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Non hai tanto que a praza de Azcárraga, o corazón da Cidade Vella da Coruña, era un dos recintos preferidos polos máis novos para o botellón da fin de semana. Agora o Concello herculino, canda a Deputación e a Asociación de Veciños do lugar, pensaron que o espazo, perpetuamente baixo a sombra de enormes árbores, facía u

A animación, a ficción e o documental serán os protagonistas en cada unha das xornadas do Setembro de Cine na Cidade Vella. Mañá venres proxectarase Pigeon: impossible, de Lucas Martell; O elixido, de Chema Gagino; Marina, de Álex Montoya; Instalación, de José Díaz; Retrato, de Ignacio Busquer; e Quid pro quo, de Fran Araújo e Manuel Burque.

O 10 de setembro será a quenda de On line, de Federico Santillana; Dous homes e un suicidio, de Iria López; El tránsito, de León Siminiani; Ofelia, de Anita Sinkovic; Amona putz! (A avoa inchable), de Telmo Esnal; Viejos perdedores, de Rubén Ordieres; e La historia de siempre, de J. L. Montesinos.

O 17 de setembro proxectaranse A nena que tiña unha soa orella, de Rubén Coca; A porta, de Andrés Goteira; Flat Love, de Andrés Sanz; En un lugar del cine, de Eduardo Cardoso; I love Luci, de Colin Kennedy; e Rodilla, de Juanjo Giménez.

O festival finaliza o 24 con O soldadiño de chumbo, de Virginia Curiá e Tomás Conde; Empatía, de Carlos Seijo; Steps, de Barney Cheng; Todo es maybe, de Asier Urbieta; Por la mañana, e A señora María, de Toño Chouza; Lost, de Alberto Dorado; e Voltereta, de Alexis Morante.

Cultura